Saíndo cara Compostela, a 3 km de Lugo, tras cruza-la Ponte Nova sobre o río Miño, o monte Segade protexe á parroquia de San Miguel de Orbazai.
Un val íntimo, un regato e un muíño abren paso a un claro máis ou menos chan.
Paco, Puri, a súa parcela:
cheiros, sensacións,…
Un carballo recibe a nosa chegada,
a anterga casa-escola no vértice Sur,
a igrexa parroquial e o campo da festa…
Falamos do ano 1995.
Paco, ten xa iniciados os traballos do peche do terreo e transmite as súas ilusións de cara ó que será o seu fogar.
As pretensións do cliente como punto de partida.
Primeiros croquis, primeiras ideas,.
Estudios, reunións,… alternativas.
Consenso:
a casa será predominantemente de planta baixa, albergará un patio de protección no acceso, terá moita luz, e unha cálida cheminea no salón.
Esa luz fíxose protagonista de por si.
Dous grandes eixos transversais:
continuidade coa natureza e contemplación tranquila do vello Lugo
(fantástico encadre das Torres da Catedral).
Estrutura de formigón armado (visto en zócalos e cornixas), piares metálicos embebidos nun pechamento convencional de dobre folla de ladrillo, e cuberta de PVC, protexendo unha dobre pel tamén de formigón.
A confianza do cliente…
Un compromiso firme e o sentir constante do seu alento.